Sin categoría

A xunta convoca 2 permisos de explotación para embarcación e 3 habilitacións para solénidos na confraría de cabo de cruz

A Consellería do Medio Rural e do Mar convoca 2 permisos de explotación para embarcación e 3 habilitacións para solénidos na confraría de Cabo de Cruz, en Boiro.

A selección de embarcacións realizarase conforme ao disposto no baremo para incorporación de novas embarcacións e no baremo para o incremento de tripulantes habilitados en embarcacións que xa teñen recoñecido o recurso no permiso de explotación. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles tras a publicación desta convocatoria no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial e na páxina web da Consellería.

As solicitudes poderán presentarse no rexistro auxiliar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar na Coruña, nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Medio Rural e do Mar procederá á súa valoración.

Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sustentabilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Salir de la versión móvil