Ribeira

O concello de Ribeira organiza unha saída cultural para maiores por Girona e o sur de Francia

No marco do programa de Dinamización e Promoción Social das Persoas Maiores que promove a Concellería de Servizos Sociais, do 20 ao 25 de maio vai ter lugar unha saída cultural por Girona e o sur de Francia. O prazo para poder anotarse comeza o vindeiro luns, día 9 de abril.
https://www.youtube.com/watch?v=sYaiv8kZhJ8
O itinerario inclúe visitas á Costa Brava, Collioure, San Pedro de Roda (onde visitarán o seu mosteiro), Girona, Besalú, Carcassone, Perpignan, Figueres (onde visitarán o Museo Dalí) e Zaragoza.

O prezo da viaxe ascende a 348 euros por persoa. Inclúe traslados en autocar, aloxamento, pensión completa, e guía acompañante e seguro de asistencia, entre outros conceptos.

Hai prazas limitadas (un total de 44). Os interesados (persoas maiores de 60 anos empadroadas no Concello, así como maiores de 55 que estean xubiladas) poden anotarse no Departamento de Servizos Sociais situado na praza 8 de marzo (teléfono: 981 874 131). O prazo conclúe o 30 de abril.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.