Un total de 18 ofertas presentadas para 9 pavimentacións de rúas no casco urbano e outras 19 para 15 camiños no medio rural

No marco do Plan POS+ da Deputación, o Concello de Ribeira ten previsto acompeter un total de 24 pavimentacións, nove das cales abranguen a rúas situadas no casco urbano de Riveira e quince a camiños en diferentes parroquias.
05042018 06 OBRAS RIBEIRA
Esta iniciativa propiciou a tramitación de dous expedientes de contratación pública. Pois ben, unha vez rematado o prazo de presentación de ofertas, foron 18 as empresas postuladas para as pavimentacións no casco urbano e 19 as que se van realizar no medio rural.

Salir de la versión móvil