O Boletín Oficial da Provincia anuncia hoxe unha achega económica de máis de 35.000 euros destinada ao servizo de axuda ao fogar do Concello de Ribeira, dependente do Departamento de Servizos Sociais.
Entre os obxectivos deste servizo figuran favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio; manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social; mellorar a calidade de vida das persoas usuarias; posibilitar a permanencia das persoas nos seu contorno de convivencia habitual; previr situacións de dependencia ou exclusión social; reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social; e retardar ou evitar a institucionalización.
https://www.youtube.com/watch?v=hd4tM-wrxx0