Recuperado do mar o cadáver de Juan Manuel Tarela Romay, o veciño de Boiro desaparecido o pasado 22 de Marzo mentres pescaba nunhas rochas de Punta Couso.
O Pesqueiro Nuevo Lonja con base en Ribeira foi quen avistou este mediodía o cadáver na zona de Punta Falcoeiro, preto de punta Couso onde o mozo caera o mar.
Tralo avistamento dende o pesqueiro deron aviso a Salvamento Marítimo que de inmediato puso en marcha un operativo para recuperalo corpo da auga. Foron movilizados a patrullera ‘Tabarca’ e a lancha de Cruz Vermella de Ribeira ‘LS Marte’, sendo esta última a encargada de recoller o corpo e trasladalo ata o pantalán do porto náutico de Ribeira. A identificación do corpo foi rápida grazas a que todavía conservaba a documentación.
O operativo de búsqueda mantúvose durante dezasete días por terra mar e aire, segundo permitise a climatología, e dende que o pasado 22 de marzo cando unhas persoas viran o mozo pedindo auxilio na auga. Onte mesmo os geas da garda civil estiveron buceando na zona.
Remata así unha longa espera para a familia de Juan Manuel, un mozo moi querido en Boiro, unha vila que está consternada con este lamentable suceso.
https://www.youtube.com/watch?v=LCuCxiUwgCg