O goberno de Boiro está a mellorar a seguridade vial en Escarabote .

O alcalde de Boiro Juan José Dieste dou conta esta mañá da realización de obras de mellora da seguridade viaria na marxe esquerda do vial que une a Pobra con Boiro. Trátase dunha primeira fase dunha actuación moi demanda pola veciñanza dada a perigosidade do vial. A actuación presupostada en 85.000 euros e que abrangue a un tramo de 700 m consite na renovación do pavimento das beirarrúas , a dotación dun valado de seguridade e a adaptación para persoas de movilidade reducida.

Esta obra contará cunha segunda fase na que se realizarán melloras na marxe dereita da estrada.
A realización desta obra é posible segundo explicou o rexedor grazas ó superávit xerado pola boa xestión das contas, e tamén pola realización dun programa realista que se vai cumplir nun 200%.

https://www.youtube.com/watch?v=dMXgcvde4F8

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.