O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, afirmou hoxe que coa posta en funcionamento da Edar de Vigo Galicia dá “un paso de xigante” para o futuro da cidade e o saneamento integral das rías galegas.
Durante a inauguración da nova Edar xunto á ministra Isabel García Tejerina, o titular do Executivo autonómico resaltou que o compromiso da Xunta co saneamento desta ría seguirá coa mellora da depuradora de Teis e coas obras na enseada de San Simón, que se levarán a cabo nos vindeiros anos. En relación á nova Edar, a maior infraestrutura hidráulica da historia de Galicia cun investimento de case 210 millóns de euros, Feijóo aseverou que esta obra nace produto da colaboración entre as tres administracións .