Un verán máis o Noia FS organiza o «VII CAMPUS NOIA FÚTBOL SALA», no que os nenos e nenas de entre 6 e 16 anos compartirán cinco días de fútbol sala e xogos entre monitores e adestradores de primeiro nivel. Este ano destaca a presenza de Juanma Marrube, capitán do Burela FS de 1ª División, entre outros xogadores desta categoría. Ademáis tamén participarán no Campus xogadores e adestradores do Noia FS.
Para inscribirse, os rapaces e rapazas que asi o desexen poderán facelo no Pavillón Municipal de Noia (en horario de tarde) e atoparán toda a información na páxina web do propio clube, www.noiafubolsala.com. As inscripcións pechanse o 3 de Xullo e as prazas son limitadas a 50 inscritos. O Campus desenrolarase nos pavillóns Municipal e Alonso Rodríguez de 10:30 a 14:00, do 7 ao 11 de Xullo.