O patrón maior da Pobra alerta do incremento de furtivos nos areais pobrenses e da necesidade de aumentar os controis sobre a venda ilegal de bivalvo. Juan Miguel Iglesias daba conta esta mañá da presencia diaria de ducias de furtivos nas praias extraendo uns 300 kilos de bivalvo que se comercializa fora dos cauces legais. Unha situación que obriga os mariscadores a sair a vixiar.
A perda diaria de 300 kilos de ameixa supón a perda de ingresos dos mariscadores, pero tamén un importante risco para a saúde dos consumidores, xa que se trata dun producto que non pasa os controis sanitarios. Precisamente onte era desmantelada unha banda de furtivos que operaba na zona de Boiro, dende as cofrarías agradecen a axuda de corpos e forzas de seguridade do Estado para o control do furtivismo mais consideran que algo non se está a facer ben, xa que en troques de ser retirados das praias, os furtivos saen dunhas para dirixirse a outras.
Durante unha visita da conselleira do mar ó Barbanza Iglesias prantexoulle a necesidade de manter operativos do seprona nos considerados puntos negros do furtivismo.
Na opinión do xefe do pósito pobrense un dos puntos importantes sería investigar as canles de distribución deste marisco que sae ilegalmente das praias, xa que dada a magnitude das cantidades non é posible a venda polas portas.
https://www.youtube.com/watch?v=rwgjU8bcUxM