Galicia

Galicia é a comunidade na que máis baixa o desemprego no último ano rexistrando unha caída do 11,88%

Galicia é a Comunidade Autónoma na que máis baixa o desemprego no último ano rexistrando unha caída do 11,88%. Deste xeito, péchase o mes de marzo con 185.103 parados, o que supón con respecto a hai un ano un descenso de 24.953 persoas, a maior caída de toda a serie histórica (1996). A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos que, segundo apuntou, volven a confirmar que “Galicia continúa creando emprego”.

Así, apuntou que a cifra de desempregados é mellor que hai 9 anos e que Galicia encadea xa 5 anos consecutivos de descensos nun mes de marzo, o que significa que, neste período, 1 de cada 3 persoas abandonaron as listas do paro.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.