Ribeira

Comezan as obras do Malecón

De acordo co programado, esta mañá tiveron lugar os traballos previos para acometer a remodelación da avenida do Malecón e pola tarde os operarios da empresa adxudicataria, Canarga, comezaron xa coas propias labores de reforma desta área en cuestión.
https://www.youtube.com/watch?v=BldZLsoSnQo
Uns traballos que van estar focalizados en primeiro lugar na zona más próxima a terminal de autobuses e que nunha fase ulterior comprenderá a do entorno do mercado.

Tocante a esta primera zona da actuación (desde o a entrada do porto que está situada á altura do pantalán da Xunta ata a terminal de autobuses) cómpre advertir de que se vai manter o mesmo número de aparcamentos (una sesenta) que os agora existentes, unha vez se acometa a reordenación do espazo, que inclúe a construción dun carril bici e más metros de uso e disfrute para o peón.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.