Feijóo resalta o esforzo realizado polos profesionais sanitarios para facer do Sergas un sistema máis forte, máis eficiente e máis útil para o paciente

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o traballo e o esforzo realizado polos profesionais sanitarios para que o Servizo Galego de Saúde sexa actualmente un sistema máis forte, máis eficiente e máis áxil porque foi quen, dixo, de priorizar obxectivos e de incorporar as novas tecnoloxías para dar unha mellor resposta aos pacientes.
Así o manifestou no acto de sinatura do Acordo de Xestión 2015 que explicita, engadiu, un exercicio anual de corresponsabilidade por parte dos persoal do Sergas ao protocolizar os obxectivos que cumprir e deixar constancia de que este servizo público está en constante modernización e non actúa como unha estrutura estática.
Subliñou, así, que este acordo contempla entre outras cousas a implantación dun rexistro galego de tumores de mama, e a extensión da e-interconsulta ás especialidades de endocrinoloxía, cardioloxía, pneumonía, reumatoloxía e dermatoloxía. Xunto con isto, sinalou que a partir do vindeiro luns, entrará en funcionamento o novo programa Conecta 72, polo cal se realiza unha consulta telefónica ao paciente desde o centro de saúde correspondente nas primeiras 72 horas tras recibir a alta hospitalaria. A prevención das infeccións relacionadas coa asistencia sanitaria; a posta en marcha do procedemento de atención ao paciente con dor crónica non oncolóxica nos servizos de atención primaria; e a realización de programas de seguimento de saúde laboral son outras medidas do Acordo de Xestión 2015. E ademais, prevé o desenvolvemento da historia clínica electrónica (Ianus) e outros sistemas de información para a xestión sanitaria; a captación de proxectos de investigación biomédica e ensaios clínicos; e, sobre todo, priorizar os indicadores de eficiencia asistencial e a xestión dos recursos económicos e humanos.

https://www.youtube.com/watch?v=MfD8nue-1zE

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.