O PP de Ribeira a través da voceira Herminia Pouso somete a consideraciçon do pleno unha Proposición sobre o contixente de lomos de atún libre de aranceis para o sector conserveiro da UE, na que se pretende instar ao Goberno do Estado a que negocie coa Unión Europea a concesión de alomenos 30.000 toneladas de lomos de atún anuais libres de aranceis, de acordo coas necesidades transmitidas polo propio sector a través da asociación Anfaco Cecopesca e Transmitir asimesmo esta solicitude á Consellería de Medio Rural e Mar da Xunta de Galicia.
Segundo explica a voceira popular esta solicitude ven dada pola importancia que a industria conserveira ten como motor estratéxico da economía de Barbanza en xeral e de Riveira en particular, xerando milleiros de empregos de xeito directo e indirecto no noso municipio, un sector que factura varios centos de millóns de euros ao ano no noso concello e que nos pon ademais nunha posición de liderazgo no continente europeo.
Explica así como cada tres anos, os estados produtores de conservas de atún pertencentes á Unión Europea teñen que negociar con Bruselas o continxente de lomos de atún libre de aranceis co que pode contar esta industria: unha cantidade que ata agora se cifraba en 22.000 toneladas anuais.
A asociación Anfaco Cecopesca referiu a necesidade de que esta contía sexa incrementada ata as 30.000 toneladas anuais para que a nosa industria conserveira poida seguir sendo competitiva e evitar así o risco de posibles deslocalizacións e a conseguinte perda de postos de traballos.
De feito, esta é precisamente a cantidade solicitada polos outros países da UE que comparten con España a produción de atún en conserva, como son Italia, Francia e Portugal.
https://www.youtube.com/watch?v=3pBAwryG_2U