Unha vintena de nenos e nenas participa na segunda edición dos obradoiros de Semana Santa do Lousame Concilia

Un total de vinte nenos e nenas, de entre 3 e 12 anos, participan esta semana no Lousame Concilia, o programa de conciliación do Concello de Lousame que por segundo ano consecutivo se celebra tamén nas vacacións escolares de Semana Santa. Uns pequenos e pequenas que participaron en divertidos obradoiros e xogos, realizaron saídas ao parque e viron algunhas películas.
Cartel de YouTube
Lousame Concilia é un programa de conciliación familiar organizado polo Concello de Lousame e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral da Igualdade da Presidencia da Xunta de Galicia.

Salir de la versión móvil