Unha veciña de Ribeira pide axuda desesperada ó non poder alimentar as súas fillas menores de idade.
Samera é unha veciña de Ribeira que está a vivir unha situación desesperada tras serlle retirada a Risga, fai dous anos esta veciña de Deán quedou viúva con tres fillas menores de idade e unha casa en deficientes condicións. Sobreviviron coa Risga pero agora retiráronlla. A situación chega ó extremo de non ter un pedazo de pan ou productos de higiene básica, polo que Samera tomou a decisión de pedir axuda a través deste medio. Para máis inri ten unha filla de 22 anos separada con dous nenos pequenos e sen emprego, sete persoas que viven da axuda de familiares, veciños e cáritas. O único que piden é un emprego.
A sorte fai tempo que non sorrí a esta familia, con tres nenas de 4, 13 e 14 anos, unha das nenas padece unha enfermidade.
Dende a concellería de servizos socias de Ribeira interesáronse pola situación na que vive a familia, e tamén dende cáritas parroquial, pero non é abondo, xa que o que precisan tanto a Muller como a filla maior de idade e atopar un emprego que as permita vivir dignamente e sacar adiante os seus fillos.
Samera precisa un emprego con urgencia, mentres non o atopa toda axuda é boa, precisan alimentos e productos básicos.
https://www.youtube.com/watch?v=3XEZdcIizEI