Galicia

A Xunta intensifica a vixilancia nas zonas de maior incidencia do furtivismo durante a Semana Santa

Tal e como anunciou a conselleira do Mar en Ribeira, a Xunta está a intensificar os labores de vixilancia contra o furtivismo naquelas zonas de maior incidencia con motivo das festas de Semana Santa.

Rosa Quintana tivo a oportunidade en Ribeira de ver como se realizan as labores de inspección e vixilancia por parte do Servizo de Gardacostas na loita contra o furtivismo e agradeceu ao seu persoal o importante labor que realiza para atallar esta problemática. A intensificación das labores de vixilancia e inspección durante estes días festivos centrarase nos eidos da comercialización e da restauración, a través de inspeccións en puntos de venda e en establecementos de hostalería, onde se revisará que a mercadoría que ofrecen conta coa documentación legal pertinente. Ademais, estenderase a unha actuación conxunta e coordinada con Comercio e coa Axencia Galega de Turismo, que precisamente se iniciará na Semana Santa.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.