Sete serán os grupos que o xoves 29 de marzo, actuarán en Corrubedo no Kurrala Rock 2018. Este ano as previsións meteorolóxicas obrigan a buscar un espazo alternativo ao campo de Samil para realización do festival, que cumpre a súa 14ª edición, asi que se vai realizar nunha carpa instalada no cámping Valverde.
O evento foi presentado pola concelleira de Cultura, Herminia Pouso, e por Abdón Santos, promotor do mesmo, quen desgranou as actuacións que se sucederán nesta ocasión a partir das 20 horas.