Icono del sitio CanalBarbanza.com

Medio ambiente inicia os traballos de eliminación de catro puntos de vertido incontrolado no concello de Lousame

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio iniciou hoxe os traballos para eliminar catro puntos de vertido incontrolado (PVI) no Concello de Lousame (A Coruña) cun custo estimado de 25.428,33 euros. Esta nova actuación medioambiental forma parte dunha campaña do Goberno galego para identificar e erradicar este tipo de focos.
Cartel de YouTube
No caso de Lousame os puntos sobre os que se vai actuar están localizados concretamente nos lugares de Silvaredonda, Tállara, Cabanetan e Meixonfrío. Os traballos de acondicionamento previstos consistirán na recollida, clasificación e retirada do material e na revexetación mediante o estendido de terra vexetal e hidrosementeira nestas zonas.
Entre os anos 2009 e 2017 a Xunta de Galicia eliminou un total de 779 PVI cun investimento de máis de 5 millóns de euros e a previsión para este ano é erradicar aproximadamente 145 focos máis.

Salir de la versión móvil