20.8 C
Chicago
22 octubre, 2026

Espectáculo premio maría casares 2015: á mellor actriz secundaria

O próximo VENRES 10 DE ABRIL ÁS 21:00 H a CASA DA CULTURA “RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ de Boiro acolle a representación do espectáculo PAN! PAN! A PANADARÍA galardoado co premio María Casares á mellor actriz secundaria.
Está destinado a todos os públicos, preferentemente maiores de 10 anos
Pan! Pan! A panadaría é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos.
Un espectáculo novo, fresco e diferente, conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que robou á súa muller, da que está profundamente namorado.
En escena, tres actrices constrúen oito personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira do EEUU.
A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e dos desertos cheo de perigos. Como nunha película do Far West, habera whisky, balas e country.
Amor e venganza a partes iguais. ORGANIZA: Concellería de Cultura do Concello de Boiro e Agadic