As máis de 70 empresas localizadas entre o Polígono Industrial Agualevada (Noia), o Polígono Industrial de Cortizo (Padrón) e o Parque Empresarial da Madanela (Melide) contan xa con acceso a Internet de ata 350Mbps. Son tres das 81 das superficies empresariais de toda Galicia que se beneficiarán do Plan de Banda Larga 2020, impulsado pola Xunta, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co operador R.
As actuacións do Plan comezaron en agosto 2016 e ao remate de 2017 había xa 22 polígonos da provincia con este servizo de banda larga ultrarrápida. Ao remate de 2018 cumprirase o obxectivo dos 27 previstos no Plan, que sumados aos que xa dispoñían deste servizo, suporá que o 98% das superficies empresariais ocupadas da provincia terán acceso a redes de máis de 100Mbps.