A preocupación polo futuro das pensións está patente na rúa, e dende Boiro Novo queren apoiar esta causa, polo que organizaron unha charla informativa o martes 27 de marzo. Asociacións e colectivos participarán na charla que se vai desenvolver no centro social de Boiro as sete da tarde. No acto tamén se contará coa participacion da deputada no congreso Yolanda Diaz, que falará do futuro das pensións.