A) Instar a Xunta de Galicia a dirixirse ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co obxecto de que nas negociacións para asinar un novo convenio bilateral de pesca con Portugal:
1º. Se demande a reafirmación na consecución dun marco igualatorio para a frota de arrastre de fondo do Cantábrico Noroeste en relación cos buques de arrastre de bandeira portuguesa que pescan nás augas xurisdicionais españolas da zona VIIIc e IXa, mediante a prohibición da actividade pesqueira dos citados buques no fin de semana.
2º. Se implemente dita medida coa translación ao Convenio bilateral España-Portugal do acordo acadado pola Comisión Sectorial do Consello Galego de Pesca e que se postula na inclusión da prohibición da pesca con artes de arrastre as fins de semana para os buques de arrastre que pescan en virtude deste convenio nas augas xurisdicionais españolas».
B) Solicitar amparo ante o Valedor do Pobo de Galicia para que reclame ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente a defensa dos intereses da frota de arrastre galega nos termos aprobados por unanimidade polo parlamento de Galicia en sesión plenaria do día 14 de xullo de 2014.
O PSOE de Ribeira presenta para a sua aprobación no vindeiro pleno unha moción na que solicita
Please login to join discussion