Máis dun cento de alumnos e alumnas de Primaria do CEIP Alexandre Rodríguez Cadarso, de Noia participaron esta mañá nunha acción medioambiental organizada pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski en colaboración co concello de Noia.
Unha acción á que se sumaron directivos de Vegalsa-Eroski, como a directora de RSC, Comunicación e Área Cliente, Gabriela González; o alcalde de Noia, Santiago Freire; e a concelleira de Parques e Xardíns, Comercio e Hostalería, Mariola López Cierto.

