Ribeira

O Campo de herba artificial da Fieiteira recibirá un novo céspede de última xeración, apto para partidos de categoría nacional

En sintonía coa licitación do mantemento dos campos municipal de herba artificial de Aguiño, Carreira e Oleiros –do que onte concluíu o prazo de presentación de ofertas-, o Concello de Riveira informa de que en próximas datas vaise emprender tamén unha nova actuación destinada á substitución do céspede artificial do campo da Fieiteira.
https://www.youtube.com/watch?v=j793byeqflI
Neste senso, a instalación municipal recibirá un novo céspede de última xeración, con homologación FIFA QUALITY PRO, que permitiría incluso a disputa de partidos de categoría nacional.

Ademais, será cambiado todo o sistema de rego con cañóns emerxentes situados fóra do rectángulo de xogo e subministraranse novas porterías de fútbol 11 e dous xogos de porterías abatibles de fútbol 7.

Dúas salas para clubs
Dentro das melloras inclúese o acondicionamento dun espazo baixo a grada de atletismo para habilitar dúas salas para clubs.

O proxecto técnico, do que se está a ultimar a súa redacción, contempla un rénting por 5 anos con mantemento incluído, por un prezo de licitación de 306.000 euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.