Hoxe conmemórase o Dia Internacional da Auga e con tal motivo o Concello de Riveira vén de editar un manual de bos usos co que sensibilizar á poboación de Riveira sobre a transcendental importancia de realizar unha utilización racional deste elemento.
https://www.youtube.com/watch?v=KOv0crUj3wc
A concelleira de Educación, Herminia Pouso, presentou esta mañá o manueal de bos usos da auga acompañada pola redactora do libro, de 60 páxinas, Llerena Perozo Porteiro. Pouso lembrou o acordo plenario tomado no pasado mes de xaneiro pola Corporación para que se emprenderan accións divulgativas tendentes a un consumo responsable da auga. Neste senso, o libro, cunha tirada de 1.000 exemplares, foi repartido entre os centros educativos do municipio e tamén se reservou unha cantidade para que na feira da educación que se vai celebrar no mes de abril xente de todas as idades poidan acceder a el durante unha conferencia destinada ao público xeral que pronunciará a propia Llerena Perozo (e tamén está dispoñible na biblioteca municipal).