O Concello de Riveira procedeu na xunta de goberno local de hoxe á adxudicación provisional da renovación de servizos e pavimentación da rúa Álvaro Cunqueiro en Santa Uxía de Riveira: unha actuación incluída no POS Adicional 1/2015 da Deputación.
A empresa Construccións Fermín Simal, S.L., resultou a empresa mellor clasificada. A oferta é de 99.086 euros, IVE incluído, e o prazo de execución de catro meses.
Conforme ao proxecto técnico elaborado polos técnicos municipais, o pavimento desta rúa situada no barrio de Fondevila está feito de formigón e rexistra danos importantes, ademais de posuír unha rede de abastecemento de fibrocemento e unhas redes de alcantarillado e pluviais moi antigas.
Durante os últimos anos se teñen desenvolvido sucesivas obras no barrio de Fondevila e, para seguir nesta liña, se vai executar un proxecto que incluirá a substitución da tubaxe de auga potable existente por outra de polietileno de alta densidade e 90 milímetros de diámetro; a instalación dun colector de PVC liso para saneamentos fecais de 315 milímetros de diámetro; e outro de PVC corrugado do mesmo diámetro para augas pluviais. Ademais, canalizarase a rede de alumeado público para que descorra de xeito soterrado.
No que a pavimentos se refire se vai empregar un pavimento de formigón intercalado con adoquín de formigón recto de dimensións 20x15x8 centímetros.