Comezan as obras que aumentarán a superficie do céspede artificial no CAMPO DE FÚTBOL DA TRINIDADE EN OLEIROS

O Concello de Ribeira informou hoxe do inicio dos labores para dotar a campo da Trinidade en Oleiros de céspede artificial.

Cómpre lembrar que finais do pasado ano arrancou unha actuación dirixida a remodelar este recinto deportivo, de recente titularidade municipal, e ampliar as dimensións do terreo de xogo ata acadar 97 de longo por 55 de ancho.

Unha vez realizados estes traballos e os da instalación de drenaxe, chégase a un momento significativo coa instalación do céspede artificial sobre unha superficie de aglomerado asfáltico, un labor que durará aproximadamente unha semana.

A continuación o campo será equipado con rego automático, ademais de banderíns e portería regulamentaria.

A empresa Excavaciones Abelleira é a encargada de executar esta actuación, cuxo importe está arredor dos 192 mil euros.

https://youtu.be/XkrapIL_r2I

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.