Galicia

A Consellería do mar destinou 1,8 millóns de euros á melloras focalizadas nos peiraos comerciais no que vai de lexislatura

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, destina 1,8 millóns de euros ás obras de melloras focalizadas nos peiraos comerciais de titularidade autonómica. Así o comunicou o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha rolda de prensa celebrada esta mañá en Santiago, para facer balance desta materia no que vai de lexislatura.
https://www.youtube.com/watch?v=C-HVofcssko
Durán Hermida explicou que os oito portos comerciais dependentes da Xunta de Galicia –Ribadeo, Burela, Celeiro-Viveiro, Cariño, Laxe, Brens-Cee, Ribeira e Pobra do Caramiñal- posúen unha relevancia fundamental no sistema portuario autonómico dado o volume de tráfico de mercadorías que se manexa neles. Así mesmo, polo seu carácter comercial, están suxeitos a unha normativa de seguridade específica de carácter internacional, o código PBIP. Por ambos motivos, dende Portos de Galicia mantense unha liña de investimento específico para estas dársenas, co dobre obxectivo de captar novos tráficos, consolidar os actuais e manter permanentemente actualizadas as medidas marcadas pola normativa internacional neste sentido.

Por zonas administrativas, nos anos 2016, 2017 e 2018 Portos de Galicia destinou a actuacións centradas nos peiraos comerciais da Zona Norte, na Costa Cantábrica, un millón de euros.
En canto á Zona Centro, na provincia da Coruña, Portos destina ás actuacións dos catro peiraos comerciais 800.000 euros nesta lexislatura. Deles, 110.000 euros centráronse en reparacións e obras menores como as pavimentacións en Brens, melloras nas naves de estibadores da Pobra do Caramiñal e Ribeira e diversas melloras eléctricas. Ademais están comprometidos para esta anualidade 700.000 euros para a dragaxe do porto de Laxe e o peche do peirao comercial da Pobra do Caramiñal, en cumprimento da normativa PBIP.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.