2Lousame

A Xunta investiu preto de 80.000 euros na construción dun patio cuberto e unha soleira no CPI Cernadas de Castro

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá o CPI Cernadas de Castro, en Lousame, acompañado pola alcaldesa, Teresa Villaverde; a directora do centro, Pilar Cobas; o xefe Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Indalecio Cabana; e a concelleira de Ensino, Silvia Agrafojo para comprobar o resultado dos traballos realizados nas pasadas semanas para a construción dun patio cuberto, cun investimento de algo máis de 62.000 euros.

O CPI Cernadas de Castro, que conta con máis de 300 alumnos e alumnas de infantil, primaria e secundaria, vén de incorporar tamén unha soleira para este patio, que se une a unha reparación do sistema de saneamento e un separador de graxas na cociña. Unhas actuacións solicitadas pola comunidade escolar e que, sumadas á construción do patio cuberto, aumentan o investimento realizado pola Xunta a preto de 80.000 euros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.