Recolte, servicios y medio ambiente poderá obter o novo contrato de limpeza pública urbana e recollida de residuos sólidos

Na mañá de hoxe tivo lugar o acto público de cualificación da documentación aportada polos licitadores nos seus sobres B e a apertura dos sobres C por parte da mesa de contratación en relación ao contrato de xestión do servizo público de limpeza pública urbana, recollida e transporte de residuos sólidos urbanos e xestión do punto limpo, mediante a modalidade de concesión, do Concello de Ribeira.

De resultas deste acto de apertura, concluíuse que a empresa que obtivo unha mellor puntuación entre as seis presentadas resultou ser Recolte, Servicios y Medio Ambiente.

A proposta económica desta entidade ascendeu a arredor de 1 millón 700 mil euros anuais, IVE incluído, por un período de 12 anos.
Agora será o órgano plenario da Corporación o competente en proseguir coa tramitación do concurso antes da súa adxudicación definitiva e posterior firma do contrato. Cómpre lembrar que o vindeiro pleno terá lugar previsiblemente o vindeiro luns 13 de abril.

https://youtu.be/OIyIDYu2qkc

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.