Galicia

A Xunta aumenta nun 40% o presuposto para mellorar a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros galegos este ano

A Xunta investirá este ano preto de nove millóns de euros en accións dirixidas a mellorar a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros galegos, un 40% máis que o ano pasado. Así o explicou hoxe no Parlamento a conselleira do Mar, Rosa Quintana, nunha comparecencia para dar conta da evolución da comercialización dos produtos do mar de Galicia e das propostas de futuro para a súa mellora.

A titular de Mar trasladou que para mellorar este eido é preciso dar corpo normativo aos avances e cambios que se van producindo en materia de comercialización. Por iso, unha vez feito o traballo da man do sector e tras adecualo á normativa estatal, adiantou que xa se dispón de todo o material para que tome forma definitiva a modo de decreto.
Neste sentido trasladou as apostas da Xunta no eido comercializador de cara a reeditar e mellorar, se cabe, as cifras dos últimos anos e que se resumen en catro apostas principais que buscan aportar maior valor engadido aos produtos do mar. A primeira delas é a de dispoñer de máis e mellor materia prima, sempre baixo a premisa da sustentabilidade e co fundamento de que prevaleza a calidade sobre a cantidade. Nesta liña, explicou que isto se fará mellorando o abastecemento interior a través da consecución de máis cotas, en base a acordos con terceiros países e tamén seguindo coa mellora das zonas de marisqueo. Tamén a través da adecuación da oferta á demanda dos mercados para manter os prezos á alza.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.