Ribeira

O Conservatorio dá a benvida á nova estación coas “Audicións de primavera”

Os vindeiros xoves 22 e venres 23 de marzo terán lugar no salón de actos do Conservatorio Municipal dúas audicións que co título de «Audicións de Primavera» darán a benvida á nova estación e cerrarán o segundo trimestre do curso.
https://www.youtube.com/watch?v=k6wusLmG_ZE
O xoves 22 será o turno para os alumnos do grao elemental que poderán recoller as cualificacións deste trimestre despois de dita audición e o venres 23 serán os alumnos do grao profesional os protagonistas e de igual xeito tamén poderán recoller as cualificacións unha vez finalizada a mesma. As dúas dúas audicións terán lugar ás 18:30 horas.

Banda Galega Feminina de Música
Por outro lado, este pasado sábado 17 de marzo tivo lugar na Cidade de Cultura en Santiago de Compostela o concerto «Marcamos o compás» da Banda Galega Feminina de Música. Esta actuación enmarcábase dentro dos actos do día da muller e en dia agrupación participou a alumna de saxofón do Conservatorio Municipal de Riveira María Núñez Figueiras (Cambados).
Foto: abaixo á dereita.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.