Todo preparado para vivir unha SEMANA SANTA POBRENSE

As praias da pobra do Caramiñal xa están acondicionadas para o desfrute de veciños e turistas durante esta Semana Santa. A brigada municipal de obras e a empresa Limpezas Noroeste foron as encargadas de levar a cabo esta actuacións nas praias de Cabío, A Illa, A Barca e Areal. Mesmo a Demarcación de Costas rematou o arranxo provisional da parte do paseo do Areal que se vira afectada pola conxunción de temporal de vento e mareas vivas que sufríramos unhas semanas atrás.
Limpáronse e acondicionáronse todas as rúas peonís. Tamén se levou a cabo o mantemento de todos os xardíns coa plantación de flores de tempada e nalgúns casos con novo céspede.

https://youtu.be/3VmkZfkB2EQ

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.