2Barbanza

O Sergas investirá 1,6 millóns de euros para ampliar as Urxencias do Hospital da Barbanza conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, presidiu esta mañá en Ribeira a presentación do proxecto de ampliación da área de urxencias do Hospital da Barbanza . Esta actuación conta cun orzamento de 1,6 millóns de euros e posibilitará pasar dos 650 metros cadrados actuais no primeiro andar do hospital, a mais de 1.000 metros cadrados.

Para lograr esta superficie realizarase a ocupación dunha parte do espazo exterior de acceso que se destinará a uso asistencial do servizo de urxencias, e unha zona exterior (sen cubrir), destinada ao acceso de ambulancias.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.