Un ano máis volve a Porto do Son unha festa moi esperada polos maiores. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade organiza a » XV Xuntanza de confraternidade para os nosos maiores», que se vai celebrar o vindeiro 1 de maio.
Ás 12.00 horas celebrarase unha misa na Igrexa de San Vicente de Noal. Será ás 14.00 horas cando dará comezo o xantar no Pavillón Polideportivo Municipal de Porto do Son
https://youtu.be/BWcPUDpJed8