Ribeira

O concello de Riveira homenaxeará o día mundial do teatro cun espectáculo de humor que mesturará maxia cómica e cabaré

Como cada ano, o Concello de Riveira vai conmemorar o Día Mundial do Teatro a través dun espectáculo dramático que terá lugar o venres 23 de marzo no Auditorio Municipal de Riveira.
https://www.youtube.com/watch?v=kctyP4Hkakc
A función, que dará comezo ás 21.30 horas, terá por título “El orgasmo es cosa de mujeres”, de Mundo Mandarina, un espectáculo de humor dirixido ao público adulto que mestura maxia cómica coa estética de cabaré e no que a actriz se transforma nunha “show woman” que, por momentos, pode volverse ridícula e facer rir aos espectadores coas súas reflexións aloucadas.

Unha vez máis, a actuación é gratuíta e as entradas poderán ser retiradas dende media hora antes do inicio no propio auditorio.

Así mesmo, cómpre sinalar que o Día Mundial do Teatro entraña a creación dun manifesto que en cada edición é elaborado por un persoeiro do mundo da arte dramática escollido polo IIT (Instituto Internacional do Teatro). Nesta ocasión, foi encomendado á escritura, xornalista e dramaturga mexicana Sabina Berman. Este é o texto:

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.