FEIJÓO adianta que a xunta volverá conxelar as taxas universitarias o vindeiro curso

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, adiantou hoxe, na rolda de prensa do Consello, que a Xunta volverá conxelar as taxas universitarias o vindeiro curso para que Galicia siga tendo a universidade máis barata de España. “Galicia é a Comunidade, polo tanto, coas taxas máis reducidas de España e volverá a selo no próximo curso 2015-2016”, aseverou.

Deste xeito, no caso dos graos universitarios, o prezo medio, por exemplo, das primeiras matrículas de grao mantense en 11,8 euros/crédito, o máis baixo de España fronte aos 33,5 euros/crédito de media doutras comunidades como Cataluña.

Por outra banda, o titular do Executivo autonómico destacou tamén a activación dunha nova fase do Programa Abalar para completar a dixitalización das aulas en toda a ensinanza obrigatoria.

https://youtu.be/wLeiAfnxyMg

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.