As Concellerías de Xuventude e de Cultura unen as súas forzas para impulsar un novo programa piloto de interese para a mocidade de Riveira e de toda a comarca. Trátase de “Disco na Rúa. Ao teu Ritmo”: unha acción que busca propugnar unha diversión saudable e responsable.
Segundo explicaron as edís Elvira Pisos e Aroa Fernández, “Ao teu Ritmo” constará dun total de seis sesións DJ que se desenvolverán noutras tantas fins de semana, entre o 11 de abril e o 30 de maio.
Dous DJs locais (Gallaecia Discomóvil e Planet Discomóvil) serán os encargados de amenizar as sesións, que terán lugar entre as 21 e as 00 horas. Dúas serán os lugares de celebración: a praza do Concello (días 11 e 25 de abril e 23 de maio) e Palco de Pedra do Malecón (18 de abril e 16 e 30 de maio).
A actividade, que será de balde, está aberta a rapaces a partir dos doce anos.
https://youtu.be/MD7krd_9voI