Pobra Do Caramiñal

Arousa Norte centra a súa programación 2018 na promoción estatal e internacional da súa gastronomía e nas ofertas deportiva e patrimonial

O Pleno da Mancomunidade Arousa Norte deu o visto e prace á programación da entidade para ese 2018 que se centra na potenciación da oferta gastronómica, os eventos deportivos e a recuperación e rehabilitación de varios edificios e monumentos emblemáticos da comarca que se unirán á rica oferta patrimonial turística de Arousa Norte.

A xuntanza estivo presidida polo alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, e nela participaron os demais alcaldes da entidade –Boiro, Rianxo e Riveira-, ademais da xerente, Maruxa Ledo.
Os membros do Pleno aprobaron a participación de Arousa Norte en varias feiras turísticas de carácter nacional cun stand propio que amosará a calidade dos produtos e da gastronomía local e incluirá presentacións de destino enfocadas ao turista cultural que busca produtos de calidade e que ten un maior gasto medio que se acentúa naqueles procedentes dos mercados estranxeiros.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.