Xunta de Galicia

Feijóo avanza máis de 26 millóns para a formación de 8.700 persoas a través de 580 cursos especializados no naval, no metal e na automoción, en competencias dixitais e industria 4.0

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe unha achega de máis de 26 millóns de euros para a formación de 8.700 persoas a través de 580 cursos especializados no naval, no metal e na automoción; na docencia de formación profesional para o emprego, e para as accións vinculadas coas competencias dixitais.

Máis polo miúdo, investiranse 6,65 millóns na realización de 145 cursos para cualificar a 2.175 persoas sen emprego nos sectores do metal, o naval e a automoción. En competencias clave, levaranse a cabo 58 cursos para cualificar a 870 persoas e, con preto de 4 millóns de euros desenvolveranse accións de formación sobre competencias dixitais para 305 desempregados.
Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo lembrou que nesta convocatoria, ao igual que na anterior, tamén se dará prioridade: aos cursos vinculados coa Industria 4.0; aos idiomas, coñecementos financeiros, xurídicos e ás especialidades con maior demanda ou maior inserción laboral.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.