Ribeira

Médicos do mundo e concello cooperan en dúas xornadas formativas sobre saúde

A ONG Médicos do Mundo e o Concello de Riveira a través da Concellería de Servizos Sociais que dirixe Esther Patiño van a cooperar nos próximos días en dúas xornadas formativas que teñen a saúde como tema protagonista.
https://www.youtube.com/watch?v=PP4YtgZEz44
A primeira delas, que se desenvolverá mañá venres nas dependencias de Servizos Sociais situadas na praza 8 de marzo, denominarase “Acceso á saúde para persoas inmigrantes en Galicia” e terá lugar de 10 a 13 horas; mentres que a segunda está programada para o venres 23 de marzo de 10 a 13 horas baixo o título “Saúde para mulleres”.

En ambos casos xa está pechada a participación, con quince asistentes en cada un dos eventos.

As xornadas están cofinanciadas polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social e pola Unión Europea a través do Fondo de Asilo, Migración e Integración.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.