A Marea de Ribeira organiza unha charla no Centro Cultural Lustres Rivas ás 19:30 para tratar a contaminación por Radón nas vivendas, un tema que preocupa bastante no Barbanza, sobre todo despois das últimas novas publicadas en prensa.
Para falar sobre isto vai vir o profesor Xoán Barros, o maior experto de Galicia, director do Laboratorio do Radón de Galicia e profesor de Medicina Preventiva na Universidade de Santiago de Compostela.
Charla sobre o Gas Radón en Ribeira


