Zona da Zanfona, o festival internacional de zanfona organizado por aCentral Folque e o Concello de Rianxo que chega á súa XI edición consolidado como un referente internacional no seu ámbito.
A artista internacional convidada este ano é Tobie Miller, concertista de Canadá afincada en Suiza, que actuará como solista por primeira vez en España presentado o seu último traballo “Journeys”.
Presentarase tamén o primeiro libro escrito sobre a Amadeo Goyanes, no centenario do seu nacemento, constructor de zanfonas e aluno de Faustino Santalices, a cargo do autor Pablo Quintana e o editor Ramon Pinheiro
O festival decorrerá os vindeiros 3,4 e 5 de abril no Auditorio de Rianxo e no Liceo Marítimo.
https://youtu.be/uXwTXSfqirY