CIG volve a denunciar a falta de camas no servizo de urxencias do HOSPITAL DO BARBANZA

Os delegados de CIG saude no hospital de Barbanza denuncian, unha vez máis, a falta de planificación da xerencia para evitar colapsos previsibles no servizo de urxencias.
O día de 12 de xaneiro, despóis de situacións de caos durante máis dun mes no hospital de Barbanza, decidiuse reforzar o servizo de medicina interna polas tardes e as mañáns de sábados, domingos e feriados cun médico internista máis, reforzoso que finalizou hoxe mércores día 1 de abril.
Hoxe mesmo ás 15:00 horas quedaban 47 pacientes ingresados no servizo de interna, 3 de eles estaban esperando en urxencias a que queden camas libres.

https://youtu.be/L974plXBf7U

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.