Xunta de Galicia

Feijóo salienta o carácter innovador e punteiro da aceleradora business factory auto que contribúe a situar o sector na primeira liña da industria 4.0

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o carácter innovador e punteiro da aceleradora Business Factory Auto e a súa contribución a situar o sector na primeira liña da Industria 4.0. “Cada un dos proxectos que pasa por esta aceleradora está a contribuír a impulsar a súa cadea de valor”, aseverou, lembrando, a modo de exemplo, o primeiro vehículo autónomo que percorreu as estradas españolas ou a consecución de proxectos como o K9 e o V20.

Durante unha visita á Business Factory Auto, Feijóo avanzou tamén os resultados dun estudo, en colaboración cos centros tecnolóxicos galegos e que se presentará mañá xoves no Consello, que constatan que as empresas do sector teñen moi asumido o reto da Industria 4.0. Non en van, e segundo do documento, ata o 70% delas prevén instalar tecnoloxías dixitais.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.