Xunta de Galicia

Feijóo destaca o compromiso cunha industria enerxética eficiente, respectuosa co medio e na primeira liña do sector en España

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o compromiso da Xunta cunha industria enerxética eficiente, respectuosa co medio e na primeira liña do sector en España.

Deste xeito subliñou, durante unha visita ás instalacións da central térmica das Pontes de García Rodríguez, os plans de reforma nos cales está inmerso este complexo, cunha tripla aposta: co medio, xa que a construción de dúas novas plantas onde se eliminarán os gases producidos pola queima do carbón permitirán reducir as emisións contaminantes á atmosfera de acordo coas directivas europeas máis esixentes, antes dos prazos previstos; con Galicia, xa que con estas obras a central reforza a súa viabilidade e o seu carácter estratéxico; e co emprego na comarca de Ferrolterra, tanto a través da participación de empresas auxiliares da comarca para levar a cabo as construcións como dos profesionais que traballan na central.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.