A concelleira de servizos sociais, mari carmen Vizcaya defendeu esta mañá o labor do seu equipo de goberno que fai uns días puxo en cuestión o portavoz da plataforma stop desafiuzamentos do barbanza.
Vizcaya asegura que no ano 2014, os servizos sociais tramitaron 1162 expedioentes, avaliando as necesidades inherentes a cada un e actuando en consecuencia.
A concelleira asegurou que non está disposta a tolerar que organizacións alleas ao concello pretendan que uns determinados casos pasen por riba doutros que son máis perentorios ou urxentes, con evidente desprezo ao labor e á dedicación dun grupo de profesionais preparados para xestionar tan delicados asuntos.