Xunta de Galicia

O Novo centro interxeracional de Ourense pon de manifesto a aposta da xunta polo envellecemento activo

O presidente da Xunta destacou hoxe, durante unha visita ao novo centro interxeracional de Ourense, a aposta decidida da Xunta de Galicia polo envellecemento activo, “cando se aposta polos nenos e polos maiores tamén se está a apostar pola igualdade efectiva entre e homes e mulleres”, abundou.

Feijóo sinalou que este novo centro, que nace da man da Fundación Amancio Ortega, albergará unha escola infantil e un centro de día para maiores avanzamos cara a unha Galicia máis próspera. Durante un percorrido por estas novas instalacións, o presidente da Xunta afirmou que o centro ten a vocación de converterse nun foro de intercambio de experiencias entre maiores e pequenos.

Dentro desta aposta, o presidente do Goberno galego salientou as 80 novas prazas para maiores das que dispón este centro e recordou que a Xunta creará 900 novas prazas públicas para maiores en sete residencias situadas nas principais cidades de Galicia.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.