O titular da xunta participou na presentación do proxecto de reforma da estación de ferrocarril de

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o inicio do proxecto para dotar Santiago dunha estación intermodal de ferrocarril e autobuses e, desde aí, a conectividade co aeroporto internacional de Lavacolla.

Deste xeito, e durante a súa intervención na presentación do proxecto de reforma da estación de ferrocarril de Santiago, Feijóo destacou o apoio do Goberno central, que compromete con investimento e prazos esta infraestrutura.

Feijóo salientou, deste xeito, o compromiso da Xunta de contribuír á modernización das infraestruturas da Comunidade, a través da integración nas terminais ferroviarias das estacións de autobuses, facendo destes espazos os auténticos centros de intermodalidade que demandan os cidadáns.

O responsable autonómico incidiu en que este proxecto supón unha estación viable e proporcionada aos viaxeiros e ás operacións dos trens que se van realizar en Compostela.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.