O próximo luns 12 de marzo a Marea Ribeira e o Movemento Galego pola Defensa das Pensións Públicas (Modepen), celebrarán un acto en Ribeira para falar do sistema público de pensións. No acto participará Yolanda Díaz, deputada de En Marea no Congreso e con Guillermo Fontán Feijóo, integrante de Modepen.
https://www.youtube.com/watch?v=9QdFuP2w73I
No encontro abordaranse os problemas das persoas pensionistas, as políticas que neste senso se veñen executando dende o goberno central e enumeraranse as razóns para acudir ás mobilizacións en defensa do sistema público de pensións convocadas para o próximo sábado 17 de marzo.
Para Modepen e as organización convocantes das mobilizacións do próximo sábado, é fundamental esixir unhas pensións suficientes e de calidade, xa que estás son un dos piares fundamentais do estado de benestar. Ademais, lembran que o artigo 50 da Constitución Española recolle que «os poderes públicos garantirán, mediante pensións adecuadas y periodicamente actualizadas, a suficiencia económica a los cidadáns durante la terceira idade». Obriga que na actualidade o goberno de Rajoy non está cumprindo.
O encontro será presentado por Manolo González, integrante da Marea de Ribeira.